sábado, 3 de febrero de 2024

Entroido 2024. Don Pachorro.

Boas familias!

Por fin chegou o Entroido!!!

...semellaba que aínda faltaba tempo para os mandadiños do Meco pero non, xa temos que ir preparándonos para o luns levar as uñas pintadas de cores a semellanza do arco da vella

Por certo, ante a temática deportiva escollida polas crianzas do cole, houbo que darlle volta ao maxín e dende a ANPA decidimos finalmente presentarvos a: ❞𝗗𝗼𝗻 𝗣𝗮𝗰𝗵𝗼𝗿𝗿𝗼❞. El, a verdade que o intenta a nivel estilístico a lo menos, xa o vedes, pero non da arrincado do sofá para tentar ter unha vida activa e deportiva. O sedentarismo e a glotonería pésanlle máis que estar saludable (ata carie ten Don Pachorro. Terrible!) así que ante a falta de exemplo para as nosas crianzas, atopamos que debía converterse no Meco deste ano no CEIP Plurilingüe Os Casais, e ser queimado sen miramentos o vindeiro venres.

Grazas coma sempre a todas las familias que aportaron: mans traballadoras, saber facer e humor en cantidade, para crear en tempo récord a "Don Pachorro, non sen algunhas dificultades que quedarán para sempre na nosa memoria, e pola súa cara, tamén na memoria do propio "Don Pachorro" (non deixedes de mirar a ultima foto. A súa cara mentres o preparábamos é todo un poema)




p'


😁

                                    A desfrutar moito!

domingo, 24 de diciembre de 2023

Festa!!!

Boas, familias!

Rematou o primeiro trimestre e fixémolo como ven sendo habitual organizando unha chocolata para a rapazada.

A decoración correu a cargo das maniñas xenerosas dalgunhas familias. De novo, grazas!

 

Estendemos os agradecementos ao Concello de Fene, á Deputación da Coruña e á Xunta de Galicia, polas diversas axudas económicas que permiten ter momentos de xuntanza e celebración entre as familias do cole.

Por último, felicitar as festas a todas as persoas que conforman a comunidade do CEIP Os Casais. 

Boas festas! 

Vémonos á volta.

 




jueves, 3 de noviembre de 2022

PROXECTO "O PATIO CONTA" Medrando en igualdade


Bos días familias;

Estamos moi contentas de comunicarvos, que este mes de novembro continuaremos co proxecto “O PATIO CONTA” Medrando en igualdade, que xa iniciamos coa Xinkana de igualdade de Dinamo xestión, o pasado 7 de outubro. Este proxecto, é o froito do traballo de varias familias en colaboracion coa Anpa, e polo que nos concederon unha subvencion da secretaria xeral de igualdade da Xunta de Galicia, dirixida as asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos, destinada a financiar actividades de promoción dá igualdade e prevención de violencia de xénero.

Posteriormente, dende  a Cooperativa Atalaias, remataron de darlle forma e serán elas mesmas, as que se encarguen de implementalo durante todo este mes. 

Neste proxecto é moi importante a vosa implicación, polo que desde aquí animámosvos a que participedes nas actividades destinadas ás familias, que como podedes ver no cartel adxunto, terán lugar o xoves 17 e o luns 28 de novembro de 16.00 a 18.30. 

Tamén precisamos que cubrades esta enquisa (https://forms.gle/faxeuarqqkp9AGGq5 ) antes do 10 de Novembro. Será de gran axuda para levar a cabo o proxecto. 


Esperamos que vos resulte de interese e que sirva tanto as mestras, como ao alumnado, como ás familias, para reflexionar sobre un tema tan necesario na actualidade, como é a coeducación nos diferentes espazos de desenvolvemento da infancia.





viernes, 28 de octubre de 2022

OBRADOIRO DE DECORACIÓN DE SAMAÍN!!



 Ola familias!!

Pois xa estamos de novo por aquí outro curso mais, e este parece que xa con bastante normalidade, cousa que agradecemos enormemente. Por iso, á marxe das actividades extraescolares que levamos a cabo no centro, cada mes, máis ou menos, faremos algunha actividade puntual. As veces, terá relación cunha data festiva en concreto e outras ofertaremos actividades seguindo as propostas feitas por vós. Así que, se tedes algunha idea ou queredes desenvolver algunha actividade, falade connosco e nos organizamos. A primeira que fixemos este curso, como xa sabedes, foi o taller de decoración de Samaín, e temos que dicir, que foi todo un éxito de participación: os nosos nenos e nenas gozaron moito e aínda que o tempo foi algo escaso, fóronse moi contentos. Velaquí, unha pequena mostra do que fixeron.


 









E non queremos acabar esta publicación sen agradecer a Sandra a súa implicación e a ilusión posta neste obradoiro, e por suposto a todalas familias que participastes. Grazas pola confianza e vos pedimos desculpas pola tardanza. Tentaremos mellorar a xestión do tempo en vindeiros obradoiros.
Que teñades unha boa ponte e un marabilloso Samaín!!

martes, 28 de junio de 2022

FIN DE CURSO.



Ola familias;


Rematou o curso e desde a Xunta Directiva da Anpa Río De Va, gustaríanos despedilo, dedicándovos unhas verbas. 

En primeiro lugar, gustaríanos mostrar o noso agradecemento a todas as familias que colaboraron nos proxectos e actividades que organizamos durante o curso escolar e como non, a aquelas que nos mostraron o seu apoio e agradecemento continuo.  Sen dúbida, esto foi fundamental para poder levalos a cabo.

Este curso foi todo un reto para nós, e non podemos negar que foi algo complicado. Por eso, queremos pedirvos desculpas se nalgún momento puidemos equivocarnos, que desde logo non foi a nosa intención, xa que traballamos con vontade, ilusión e esforzo para lograr os obxectivos plantexados e os que sen dúbida todas as familias queremos, que non son outros que os nosos fillos e fillas crezan nunha contorna educativa que cumpra todas as súas necesidades.

Aproveitamos además para deixarvos uns vídeos resumo do feito nalgunhas das actividades extraescolares e das actividades da Anpa neste curso 2021-2022. Agardamos que os disfrutedes.


RESUMO CREATIVIDADE 2021-2022










RESUMO DEBUXO 2021-2022








RESUMO ACTIVIDADES ANPA 2021-2022






E por último queremos desexarvos unhas felices vacacións. Esperamos que gocedes dun descanso ben merecido!!! Ata setembro!!!



jueves, 16 de junio de 2022

MADRUGADORES

 Ola familias;


Queremos informarvos de que o próximo curso, iniciaremos unha nova etapa, poñendo en marcha o programa Madrugadores.  Para iso contaremos cos servizos da empresa Tempus  Naron  Etl. 


O servizo desenvolverase desde as 7.45 ata as 8.45 da mañá, podendo incorporarse os nenos e nenas, á hora que prefiran as familias, que deberá ser acordada previamente. 


O custo do servizo para o curso 2022-2023, será de entre 4,5 e 5 euros diarios, segundo os días de uso do servizo ao mes. Este prezo é o inicial, pero esperamos que coa axuda de diferentes subvencións, póidase rebaixar nos próximos cursos. 


Contaremos tamén con servizo de almorzo. O prezo será de 1,5 euros a engadir ao prezo anterior. Dado que desde o centro, téntase fomentar hábitos de alimentación saudable, nos almorzos seguiremos esta mesma liña, seguindo por suposto as recomendacións de especialistas en nutrición e dietética, evitando así, produtos industriais e azucres engadidos. E xa que que o número de nenos e nenas será reducido, desde a empresa  Tempus, ofrécennos a posibilidade de adaptar os almorzos ás necesidades de cada usuario e usaria do servizo.


Se precisades máis información podedes contactar co ANPA Río De Va no  mail ampariodeva@gmail.com e no teléfono 68797797 (Virginia)


Un saúdo e felices vacacións.


Anpa Río De Va


jueves, 10 de marzo de 2022

ENTREGA DO MATERIAL RECOLLIDO PARA ENVIAR A UCRANIA

 ola familias;


Esta tarde, membros da Anpa  coa axuda doutra familia do cole, fomos recoller todo o material que fostes levando estes días ao cole e levámolo á sede de Protección Civil, no Parque Reina Sofía. Como era tanto, pedíronnos cargalo directamente na súa furgoneta que como vedes nas fotos, ía ben cargadiña. 









A verdade que  quedamos moi sorprendidas da cantidade de material que achegastes. Sobrepasastes todas as nosas expectativas con creces. Así que queremos aproveitar para darvos as grazas pola vosa colaboración e implicación e tamén como non, ao centro, que enseguida se envorcaron con esta pequena campaña e sobre todo a Pedro que foi clasificando todo o material día a día  e facilitounos moito o traballo.

Esto si que foi  un gran exemplo de cooperación entre familias, Anpa e colexio!!


 Moitas grazas a todos e todas!!!