jueves, 18 de junio de 2015

FESTA FIN DE CURSO 2015

Agradecer a todos os nosos colaboradores, sin eles a festa de fin de curso non sería o mesmo.
Grazas a: o Concello de Fene, o Mesón d'o Cazador (Limodre), panadería J.Castro (Neda), panadería El Cruce (Maniños), Gadis, Meigas Fóra, leite Celta, cafetería Bombay (Fene), Coca-Cola, Eroski, Froiz e o Reiniño (Limodre). 
Esperamos seguir contando con vós.

Pasámolo moooooi ben. Nos inchables brincamos arreo, refrescámonos coa festa da escuma e ata tivemos tempo para que Roi nos retratase tan guapos e divertidos.

Roi, súper concentrado...

velaquí o resultado....mirade os nosos profes, je, je

lunes, 15 de junio de 2015

FESTA E AGASALLOS FIN DE CURSO

Este xoves, 18 de xuño durante toda a mañá desfrutaremos da festa de fin de curso organizada pola ANPA.
Teremos inchables, festa da escuma, para o cal recordade traer traxe de baño, calzado que poidan mollar, gafas para os máis atrevidos...e protección solar, que parece que vai ir sol.
Nos acompañará un caricaturista, que durante toda a xornada irá retratando ós nenos (só os socios da ANPA).
O venres, irán ó cole só a polas notas (10-12 h). Ese día a ANPA entregará ós nenos os agasallos que nos brindan os colaboradores e a caricatura de cada un como recordo.
Esperamos pasalo moi ben. Familias, animádevos a vir!!!

domingo, 14 de junio de 2015

CONVOCATORIA ASAMBLEA MÉRCORES 17 DE XUÑO 2015

Convócanse a todos os socio/as da ANPA á asamblea xeral que terá lugar no salón de actos do colexio Os Casais no día e hora que deseguido se indica, có obxeto de tratar os asuntos relacionados na orde do día:

Día da asamblea:      Mércores, 17 de Xuño de 2015

Hora:   17:45 h en primeira convocatoria
             18:00 h en segunda convocatoria

Orde do día:       Estado de contas.
                             Presentación nova directiva.
                             Información xeral do curso.

                 Rogos e preguntas

Recordamos a todas as familias que teñan libros do “Banco de Libros”, que deben deixalos no colexio ó longo desta semana.

jueves, 11 de junio de 2015

Mobilización Luns 15 Xuño. Gratuidade libros de texto

Ola,
publicamos o cartaz para a mobilización programada para o próximo luns, día 15 de xuño ás 20:00 h, fronte ó edificio da Xunta en Ferrol, en prol da gratuidade dos libros de texto e material escolar.
Animádevos a participar!


miércoles, 10 de junio de 2015

Xa temos blog

Ola a todos!
Queremos presentarvos o blog da anpa do noso cole, a través do cal podedes consultar todas as novas, notas para as familias, actividades que realiza a anpa, colaboracións, festas, contacto, etc.
Unha nova forma de estar comunicados e ter a man toda a información que poida interesar ás familias.
Esperamos que vos guste, que participedes e como non, estamos abertos a toda suxerencia que poida melloralo.
Graciñas de antemán.