Ola!
Hoxe celebramos no noso cole o Magosto e o Samaín.
Tivemos un día cheo de actividades. Fixemos un obradoiro de cucuruchos
para levar as castañas quentiñas, e quedáronnos así de chulísssimosss
Despois fixemos o conxuro na aula do medo, na que todos probamos a riquísima pócima elaborada.
E como o Samaín é unha celebración chea de maxia, non podía faltar....un mago, o Mago Benxamín, que nos fixo pasar unha xornada divertida e alucinante.
Cando rematou a función sorteamos as cestas, nas que colaborou a Imprenta San Esteban de Fene. Noraboa a Lara e Iván, que foron os gañadores.
E despois de tanta troula había fame e a merendar!!!
Grazas a Rocío e Vanesa, por facernos estos cupcakes tan "samaiñeiros" de cabaciñas, a Pili e a Lorena, por sacarnos estas fotos tan chulas, á Panadería El Cruce de Maniños por asarnos as castañas, ó Concello de Fene e como sempre ás familias que se achegaron ó cole para acompañarnos e desfrutar con nós neste día.