martes, 10 de noviembre de 2015

2ª CONVOCATORIA AXUDA PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
ORDE do 6 de novembro de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/16.
Mediante a Orde do 25 de agosto de 2015, publicada no Diario Oficial de Galicia número 166, do 1 de setembro, convocáronse as axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/16.
Agora, mediante a presente orde, apróbase unha segunda convocatoria de axudas para adquirir material escolar destinada ao alumnado que non puidese acollerse ás axudas reguladas pola Orde do 25 de agosto de 2015, e a aquel que, tendo solicitada a axuda, resultase excluído por unha causa emendable.

viernes, 6 de noviembre de 2015

Abre o prazo de solicitude das axudas ás familias para a festividade de reis

Publicadas no BOP do 6 de novembro as bases que regulan a convocatoria do programa municipal de axudas ás familias para a festividade de Reis.
O obxecto desta convocatoria é regular a concesión de subvencións de pago único anual ás familias con menor nivel de recursos económicos e que cumpran os requisitos de acceso ao programa aquí establecidos, para a adquisición dos agasallos para a Festividade de Reis para os/as seus fillos e fillas que, estando en convivencia cos/as solicitantes, sexan menores de 15 anos (con 14 anos cumpridos) ou ben sexan maiores desa idade e ate os 18 anos sempre que teñan o recoñecemento oficial de minusvalía.
Coas subvencións cubriranse os gastos derivados da adquisición de agasallos para a festividade de Reis, a saber: xoguetes, xogos, libros, material didáctico e outros obsequios que correspondan coa idade do/a menor ao que vai dirixida a axuda, sempre que estes sexan adquiridos no período comprendido entre o día de apertura da presente convocatoria e o día 6 de xaneiro de 2016.
As solicitudes deberanse presentar no Rexistro Xeral de entrada do Concello,no prazo de 10 días naturais, contados a partires do día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia.

Na propia web do concello tedes a ligazón e o anuncio das bases. 


Publicadas en el BOP del 6 de noviembre las bases que regulan la convocatoria del programa municipal de ayudas a las familias para la festividad de Reyes.
El objeto de esta convocatoria es regular la concesión de subvenciones de pago único anual a las familias con menor nivel de recursos económicos y que cumplan los requisitos de acceso al programa aquí establecidos, para la adquisición de los regalos para la Festividad de Reyes para sus hijos e hijas que, estando en convivencia con los solicitantes, sean menores de 15 años (con 14 años cumplidos) o bien sean mayores de esa edad y hasta los 18 años siempre que tengan el reconocimiento oficial de minusvalía.
Con las subvenciones se cubrirán los gastos derivados de la adquisición de regalos para la festividad de Reyes, a saber: juguetes, juegos, libros, material didáctico y otros obsequios que correspondan con la edad del menor al que va dirijida la ayuda, siempre que estes sean adquiridos en el período comprendido entre el día de apertura de la presente convocatoria y el día 6 de enero de 2016.
Las solicitudes deberán presentarse en el Registro Xeral de entrada del Concello, en el plazo de 10 días naturales, contados a partir del día siguiente al de la publicación del anuncio en el Boletín Oficial de la Provincia.
En la propia web del concello tenéis el enlace y el anuncio de las bases.