viernes, 18 de diciembre de 2015

FESTA DE NADAL 2015

Ola Familias.
Hoxe cando chegamos ó cole tiñamos preparada unha gran mesa para almorzar con Papá Noel.

Almorzamos un rico chocolate con churros e magdalenas. Ó final todos falamos con Papá Noel, que nos deu os agasallos. Fíxonos moooita ilusión, incluso ós maiores!
No Festival de Inverno desfrutamos arreo das actuacións que tiñan preparados os nenos (bailes, cancións, os países pola paz, christmas song, chistes...)


Tamén sorteamos as cestas. Noraboa a Tito, Sadis e Cheli, que foron os afortunados. Desexamos que as desfruten.













Grazas a todos por acompañarnos neste día, ós nosos colaboradores, a Rocío e Vanesa polas magdalenas, a Ricardo, por traernos os churros, a Pili por facernos de fotógrafa, a todos os que nos prestaron os termos para que o chocolate estivera quentiño...e a todos, os que dun xeito ou outro, foron partícipes.

FESTIVAL INFANTIL DE REIS. O POTE

Dende O Pote achégannos esta invitación:
Graciñas.

miércoles, 16 de diciembre de 2015

FESTA DE NADAL. FESTIVAL DE INVERNO

Ola familias. 
Hoxe levaron os pequenos unha nota informando que este ano temos redución de xornada para o venres 18 de decembro, día que marchan de vacacións e facemos o Festival de Inverno.
Debido a esto, decidimos argallar un almorzo con Papá Noel, así que os nenos poderán almorzar no cole, non fai falla que almorcen na casa. Deseguido repartirá os agasallos e os caramelos.
A partir das 11:00 dará comenzo o Festival. Animádevos a vir! ós nenos encántalles que as familias veñan a velos. Ó remate sortearemos as 3 cestas que temos, así que na entrada poderedes mercar os números para o sorteo, é premio seguro!

Hola familias.
Hoy llevaron los niños una nota informando que este año tenemos reducción de jornada para el viernes 18 de diciembre, día que marchan de vacaciones y hacemos el Festival de Invierno.
Debido a esto, decidimos organizar un desayuno con Papá Noel, así que los niños podrán desayunar en el cole, no hace falta que desayunen en casa. A continuación repartirá los regalos y caramelos.
A partir de las 11:00 dará comienzo el Festival. Animaros a venir! a los niños les encanta que las familias vayan a verlos. Al final sortearemos las 3 cestas que tenemos, así que en la entrada podréis comprar los números para el sorteo, es premio seguro!


martes, 15 de diciembre de 2015

CESTAS DE NADAL

Primeiro de todo, agradecer ós nosos colaboradores, pois sin eles a nosa actividade non sería a mesma. Grazas a Eroski, Gadis, Parque Ferrol e Froiz, que cos seus donativos logramos xuntar estas estupendas cestas de Nadal.

E onte coñecimos ó agraciado de unha delas. Agradecemos a súa colaboración, e esperamos que a desfrute.
As demáis cestas serán sorteadas o día do Festival de Inverno entre as familias que nos acompañen.
Animádemos a vir e voltade á casa con unha destas cestas.

miércoles, 9 de diciembre de 2015

XORNADAS ATENCIÓN TEMPRÁ E ESTIMULACIÓN PRECOZ

ASPANEMI (Asociación de Pais de Nenos con Minusvalías) invítavos a unhas Xornadas adicadas "Á importancia da atención temprá e a estimulación precoz"

jueves, 3 de diciembre de 2015

PAXES PARA A CABALGATA DE REIS

Ola familias. 
O concello púxose en contacto có cole para informar que hai un procedemento aberto para a inscrición e adxudicación das prazas de "paxes reais", que acompañarán ás SSMM os Reis Magos na Cabalgata que o Concello de Fene vai organizar o vindeiro día 5 de xaneiro de 2016.
Está dirixido a todos os nenos de entre 6 a 12 anos de idade.

Normativa para poder participar como paxes reais:

a) Poderán participar un máximo de 50 nenos/as maiores de 6 anos e menores de 12 anos.
b) Os/as nenos que desexen participar como paxes terán que entregar debidamente cuberto o fomulario que se achega no Rexistro Xeral do Concello, entro o 9 e o 16 de decembro.
c) A selección dos 50 nenos/as que participarán como paxes será por sorteo público, que terá lugar no salón de sesións da Casa do Concello o venres, 18 de decembro, ás 11:00h.
d) Os/as nenos/as seleccionados deberán vir á Cabalgata caracterizados/as de paxes reais, pastores/as ou apalpadores/as. A caracterización será por conta dos pais e das nais dos menores.
e) A organización contactará cos pais e nais, con antelación suficiente, para indicarlles a carroza na que irán e os horarios.

Formularios para entregar no Rexistro Xeral do Concello no período indicado na norma b):
Formulario inscrición paxes .docx
Formulario inscrición paxes .pdf