martes, 29 de marzo de 2016

TALLER GRAFITE

Queridas familias, no terceiro trimestre ímos desenrolar como actividade un:

"TALLER DE GRAFITE"

Ocupará os meses de abril e maio, está dirixido a nen@s de primaria, e será os mércores de 16:30h a 17:30h.
Nas primeiras clases aprenderán a bocetar en cartóns e madeiras no interior do cole. Aproveitarase esta actividade para que nas últimas clases fagan un gran mural na muralla do colexio.
O prezo da actividade  para os socios e de 15€/mes con todo o material incluído (sprays, guantes, mascarillas, plásticos, etc…) e de 20€/mes para os non socios.

As clases comezarán o próximo mércores 6 de abril, e todos os nen@s que se apunten deberán traer unha camiseta grande vella para cubrir a roupa.
Animádevos!!!

Velaquí unha mostra do que fixeron no CEIP Virxe do Mar en Narón:

martes, 22 de marzo de 2016

EMISIÓN LECTURAS FENE LENDO MULLERES

Ola familias.
Esta mañá, en Radiofusión (Radio Fene), emitíronse as lecturas de literatura de mulleres que fixeron os nosos nenos dos Casais o pasado 8 de marzo na biblioteca municipal de Fene, dentro do programa Fene Lendo Mulleres.
Si premedes no seguinte link poderedes descargar o audio:
Desculpade a calidade (grabación caseira) pero queríamos compartila con todos ;-)


viernes, 18 de marzo de 2016

VOLTAMOS ÁS CLASES O MARTES 29

Recordade que voltamos ás clases o martes 29 de Marzo, xa que o luns é festivo.

Aproveitamos tamén para anunciar que o luns, 4 de Abril, comezan a piscina os alumnos de primaria. O material que necesitan para a actividade, ademáis do bañador, é gorro, gafas, chanclas ou escarpíns e toalla.
Desfrutade das vacacións!!!


miércoles, 16 de marzo de 2016

VISITAS GUIADAS ÁS INSTALACIÓNS DE NAVANTIA FENE

Dende o concello achégannos esta información sobre o programa de visitas guiadas a Navantia Fene para a súa difusión.

A primeira destas visitas terá lugar o domingo, 20 de marzo, en dúas quendas de 30 persoas cada unha. A primeira quenda, con entrada ás 10:00 h e, a segunda, ás 12:00 h. As persoas interesadas en participar nestas visitas teñen que formalizar a súa inscrición antes das 12:00 h do venres 18 de marzo por calquera destes procedementos:

·       Por correo electrónico: enviando a ficha de inscrición cuberta ao seguinte enderezo visitasnavantia@fene.gal e, de optar por esta opción, teñen que agardar a recibir o correo de confirmación.
·       Presencialmente no Departamento de Cultura e Deportes (Avenida de Naturais,44, entresollado dereita) en días laborables, de luns a venres, en horario de 8:00 a 14:30 h.

As prazas, 30 por quenda, cubriranse sempre por rigorosa orde de inscrición.

Estas visitas terán unha hora de duración e, no momento da visita proporcionaráselle ao público asistente as EIP a empregar (casco, lentes de protección e chaleco reflector). É necesario vestir calzado axeitado, evitando o talón alto e zapato inestable ou esvaradío. Poden participar os menores de idade, sempre acompañados dun adulto. Dadas as condicións do solo dos talleres, non poden usarse carriños de bebé. Queda prohibida a utilización do móbil no interior dos talleres e, de maneira expresa, tirar fotografías ou vídeos nestes espazos. Non obstante, si se poden utilizar os móbiles e as cámaras fotográficas no exterior dos talleres.

A segunda destas visitas terá lugar o domingo 27 de marzo, tamén en dúas quendas de 30 persoas cada unha e cos mesmos horarios. Os procedementos de inscrición serán os mesmos que no caso anterior só que o prazo de inscrición rematará ás 12:00 h do mércores, 23 de marzo.

A entrada ás instalacións do estaleiro efectuarase pola porta das Pías e as persoas deberán vir provistas do seu DNI. As persoas menores de idade teñen que vir acompañadas dos seus representantes legais/adultos responsables.

As visitas continuarán todos os domingos, até novo aviso, coas mesmas condicións e procedementos de inscrición. Para as que teñan lugar a partir do domingo 3 de abril o prazo de inscrición rematará ás 12:00 h do venres anterior ao domingo no que se pretenda facer a visita.

Podedes atopar toda a información e a ficha de inscrición no seguinte enlace:


miércoles, 9 de marzo de 2016

2º OBRADOIRO DO 2º TRIMESTRE

Onte fixemos o taller de Elaboración de chapas, pasárono xenial e o resultado molou moito.

O próximo martes día 15 de Marzo teremos o 2º obradoiro de Tiro con Arco.

Debido a que se anotou un gran número de nenos, ímos repartilos en dous grupos:
  • Grupo 1: de 16:30 a 17:30 h para alumnos de 4º, 5º e 6º Primaria.
  • Grupo 2: de 17:45 a 18:45h para alumnos de Infantil, 1º, 2º e 3º de Primaria.
Deixaremos un espacio de 15 min entre os dous grupos para que os monitores preparen a seguinte clase.



viernes, 4 de marzo de 2016

1º OBRADOIRO DO 2º TRIMESTRE

Ola familias,
o primeiro obradoiro que se vai desenrolar no 2º trimestre é o de "Elaboración de chapas", así que todos os nenos que se apuntaron teñen unha cita, este próximo martes, 8 de Marzo de 17:30 a 19:00h no cole dos Casais.
Non vos esquezades de vir, faremos cousas moi chulas!