jueves, 28 de abril de 2016

REVÁLIDAS 3º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Ola familias, 
como ben sabedes estamos ás portas das reválidas que nos dicta a LOMCE, xa que as probas de 6º de EP realizaránse os días 11, 12 e de 13 e as de 3º de EP os días 24 e 25 de maio.

Dende a Anpa queremos informar que rexeitamos totalmente estas reválidas e solicitamos a derrogación da LOMCE, por iso invitamos ás familias con fillos nestes cursos que non os obriguen a realizar ditas probas, non os mandemos ó cole eses días. Entre todos mostremos á administración que están equivocados, que son unha aberración, que non sirven para nada e que non teñen o noso parabén. 
O noso rexeitamento ven dado, entre outra cousas polos seguintes motivos:

  • O establecemento da proba xeral en 3º e 6º de Primaria e as reválidas en 4º da ESO e en bacharelato, que son requisito imprescindíbel para conseguir os títulos correspondentes, pretende pór as maiores trabas posíbeis para a continuación dos estudos. Responde, exclusivamente, a unha concepción totalmente clasista e elitista da educación e contribúe a excluír o alumnado máis desfavorecido socialmente do dereito á educación, cando xa hoxe o ensino público carece de elementos compensatorios para facer efectivo e real o principio de igualdade de oportunidades. 
  • É unha aberración desde o punto de vista pedagóxico someter o alumnado a unha presión innecesaria, mediante probas que o van avaliar baixo estándares uniformizadores, sen considerar a educación como un proceso no que hai que considerar as circunstancias persoais e socioeconómicas e as capacidades e actitudes do alumnado. 
  • Limítanse a avaliar o ámbito lingüístico, matemático e científico-técnico, menosprezando a adquisición doutras competencias, destrezas e habilidades do campo artístico e musical refusando o ensino da nosa historia e medio natural, imprescindíbel para a formación integral do alumnado. 
  • Recentralizan o sistema educativo, dado que a elaboración e deseño das probas, os criterios de avaliación e os estándares de aprendizaxe avaliábeis serán fixados polo Ministerio de Educación, rexeitando así o estudo e coñecemento de todo o que nos conforma como pobo galego. 
  • Desprezan a avaliación continua e a opinión do equipo docente, cando ninguén mellor que o titor ou titora ou o equipo docente para coñecer as carencias, potencialidades, habilidades e capacidades do alumnado, así como dos medios, recursos e apoios necesarios para mellorar a aprendizaxe e o rendemento escolar. 
  • Subestiman e desconfían do traballo do profesorado que estará sometido e totalmente condicionado a orientar o seu traballo docente a preparar o alumnado para a obtención da mellor nota na avaliación final, marxinando outros aspectos educativos fundamentais para acadar unha formación o máis completa posíbel. 
  • Responden á pretensión de conformar clasificacións de centros, segundo os resultados destas avaliacións e sen ter en conta as características do alumnado e os servizos cos que conta o centro, co obxecto de ir configurando unha rede elitista que contará con máis medios e recursos.
  • Pretenden ir afirmando un sistema educativo competitivo, clasista e segregador que excluirá os sectores máis desfavorecidos da educación e asentará unha estrutura curricular ao servizo do neoliberalismo. 
Mandaremos xunto a circular informativa unha carta de rexeitamento. Por favor, as familias que non estedes a favor das reválidas, firmade a carta e devolvédea ó centro, remitiránse todas á consellería.

Si queredes unha información máis completa e detallada, premede nos seguintes enlaces:





miércoles, 20 de abril de 2016

OBRADOIRO DE GRAFITE (3ª clase)

E hoxe, na 3ª clase....por fin nos acompañou o tempo, ¡deixou de chover!.
Fixemos práctica de recheo, Mene e Jorge explicáronnos cómo tiñamos que perfilar, encher e facer as sombras.
Velaquí o resultado.


jueves, 14 de abril de 2016

RIFAS FIN DE CURSO

Ola familias,
onte levaron os nenos a nota informativa sobre as rifas de fin de curso. Fixemos rifas para poder financiar dende a Anpa a excursión, que este ano será a Marcelle o día 20 e a festa o día 21 de Xuño, respectivamente.
Pedimos a colaboración de todas as familias para vender as rifas a prezo de 1€, xa que entre todos é máis doado. Rifarase un cheque-regalo de 200€ para mercar no Carrefour Ferrol.
Os tacos son de 15 rifas. Se alguén as vende todas e necesita máis, avisando á Anpa ou mandando nota polo neno entregaráselle as que solicite.
As que non se vendan, por favor, entregádeas á Anpa uns días antes do sorteo.
Tedes de prazo para solicitalas coa nota que levaron os nenos ata o martes 19 de abril.
Animádevos, entre todos faremos unha boa festa.
Graciñas!!!


miércoles, 13 de abril de 2016

OBRADOIRO DE GRAFITE (2ª clase)

Hoxe tivemos a primeira toma de contacto cos esprais. Tocou práctica para aprender a usalos, así que guantes, mascarilla e mans á obra. Velaquí o resultado despois de pintado sobre pintado, xa que houbo pique, a ver quen tapaba máis a quen....
Pasámolo moooi ben.


viernes, 1 de abril de 2016

DÍA INTERNACIONAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

Ola familias, achegan esto ó cole para difundir. Botémoslle unha ollada.
Estimadas-os compañeiras-os
Somos Olga Lalín e Seso Durán, profesores de ensino secundario e pais de Manuel, un pequeno de sete anos que ten autismo. 
O 2 de abril é o día mundial de concienciación sobre este trastorno e cada ano publicamos un video como aportación para darlle visibilidade. 
Agradecemos a súa difusión entre a comunidade educativa. 
Un cordial saúdo.

A canción de Manuel V:  Fuxiamos:  https://www.youtube.com/watch?v=1kqV7YHB0ro