martes, 31 de mayo de 2016

A ESCADA NO JOFRE

Hoxe os nenos de 3º, 4º e algúns de 5º representaron no Jofre "A Escada", unha obra de teatro á que acudiron como público o noso cole e os compañeiros do Tirso de Ferrol, que tamén representaron a súa obra.



Noraboa ós artistas, que o fixeron moi, pero que moooi ben.
que ademáis de representar, traballaron arreo para facer os decorados



Pasamos unha mañá estupenda.
Bravísssimo!!!






lunes, 30 de mayo de 2016

PATINAXE MARTES 31 E EXHIBICIÓN FIN DE CURSO ACTIVIDADES

Ola familias,
mañá martes 31 de Maio, último día de patinaxe, ampliaremos o horario da actividade media hora máis, quedando finalmente de 16:00 a 17:30h.
Deste xeito as familias que queiran acudir á charla que temos ás 16:00h "Grupos de whatsapp e convivencia escolar" poden acudir mentres os nenos quedan en patinaxe.

Informarvos de paso, que a exhibición de fin de curso das actividades extraescolares será o mércores 1 de Xuño á 13:00h. Estades invitados a acudir.




viernes, 27 de mayo de 2016

MAOIS 2016

Hoxe baixamos ó Pote, convidados por Aetna para facer os Maios. A meteoroloxía portouse, e nós tamén.
Foi unha mañá moi productiva, fixemos os Maios, que quedaron así de chulos:


Cantamos e bailamos ó Maio:

Deunos tempo de xogar:
Os maoires de 5º e 6º representaron a obra de teatro escrita por Manuel María, "Aventuras e Desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela". Fixérono moooi ben, noraboa!


Pasámolo xenial, graaciñas a todos pola vosa colaboración!!!




jueves, 26 de mayo de 2016

GRAFITE OS CASAIS

¡Por fin podemos dicir que o tempo nos acompañou!. Despois de tanto despistar, hoxe chove e mañá tamén, poidemos rematar o obradoiro de grafite e lucir a nosa obra de arte.
Grazas a todos polo esforzo e por facelo tan ben. A Mene e a Jorge por ensinarnos e aturarnos.
O nosa pegada perdurará nos Casais durante anos.



lunes, 23 de mayo de 2016

RIFAS FIN DE CURSO

Ola familias,
recordade que este venres, día 27 será o sorteo para as rifas de fin de curso.
Todos aqueles que non vendérades as rifas tedes de prazo durante esta semana para devolvelas antes de celebrarse dito sorteo.
Mil grazas a tod@s pola vosa colaboración.




BICIESCOLA BTT ESMELLE

Ola familias, achégannos ó cole esta oferta para os aficionados á bicicleta.

CONVENIO OPTICALIA CALLAO

O cole ten convenio con Opticalia Callao para alumnos e familiares de primeiro grado.

viernes, 13 de mayo de 2016

O COLE: PUNTO DE RECOLLIDA DE TAPÓNS E ACEITE USADO

Como xa coñecíades, o cole é punto de recollida de tapóns.
Pois, dende hoxe somos tamén punto de referencia de recollida de aceite doméstico en colaboración con Mulleres Colleiteiras:

"O proxecto Mulleres Colleiteiras" ten como principal obxectivo o autoemprego de mulleres "en situación" de exclusión social a través da xestión do aceite doméstico usado: recollida, tratamento e reutilización deste residuo nun proceso local e de baixo custo, que xerará emprego (para man de obra desempregada), mediante un modelo intensivo en capital humano.

Aprendendo valores para os nosos pequenos...

martes, 10 de mayo de 2016

E ONTE NA RADIO...

¡Menuda nova a dos pingüíns!
Viñeron os da Radio Galega ó cole a entrevistar ós nenos para falar da nova no seu programa "Aquí Galicia".
Premede no seguinte enlace:

(Avanzade ata o minuto 55:15 para escoitar a entrevista de Alba)

domingo, 8 de mayo de 2016

HOXE NA PRENSA....

De novo o noso cole na prensa, mostrando o seu compromiso có medio ambiente.
Premede no seguinte enlace para ver a nova:
Noticia La Voz de Galicia