martes, 21 de junio de 2016

FESTA DE FIN DE CURSO 2016

Chegou tan pronto como pasou, a nosa festa de fin de curso.
O día no poido estar mellor, o tempo acompañou, solazo e día de calor, pero iso dábanos igual, tiñamos auga e máis auga para refrescarnos.
Saltamos, brincamos, caímos e levantámonos.
A Patrulla Canina, a devoción dos pequenos...
E no momento de calorazo...aaauuugaaa!!!


Polo medio para repoñer forzas...merenda merendola:


Pásamolo xenial, pero todo isto non sería posible de non ser polos nosos colaboradores, que temos a inmensa sorte de contar con eles e que sempre responden a nosa chamada.
Algúns repiten, outros son novos, pero a todos queremos darlles a máis grande das GRAZAS.


Grazas ó Concello de Fene e a Protección Civil, ó Meson O Cazador de Limodre, a Gadis, a patatas fritas A Casa Vella do polígono Vilar do Colo, á Panadería J. Castro de Neda, á Panadería El Cruce de Maniños, a Leite Celta de Andrade, a Meigas Fóra do polígono Vilar do Colo, a Eroski, á Cafetería Bombay de Fene, a Bodegas Barral de Barallobre, a Froiz, á Copistería Rofer de Perlío, ó Reiniño de Limodre e a "anónimos" que aínda que non queiran publicidade colaboraron no posible con nós.
E ós que traballaron arreo para a festa, ás que viñeron botar unha má, Iria, Vanesa, a Pili por estar sempre pendente da cámara, a Maru, por prepararnos as pizzas e como non...ás familias, por acompañarnos.





lunes, 20 de junio de 2016

MARTES 21 XUÑO FESTA FIN DE CURSO

Ola familias,
recordade que mañá martes 21 de xuño é a festa de fin de curso.
Deben levar bañador, chanclas, toalla e gafas de piscina, se queredes, para a festa da escuma e calcetíns para os hinchables de seco.
Lembrádevos tamén do protector solar.
As familias podedes ir a partir das 10:30.
Esperámosvos!!!

miércoles, 15 de junio de 2016

RESOLUCIÓN COMEDOR ESCOLAR VINDEIRO CURSO: FAVORABLE

Ola familias,
informarvos que por fin chegou da Consellería a resolución para o comedor escolar: Favorable.

Comenzará a funcionar no vindeiro curso, xestinado pola Anpa con servizo de cátering, como anunciamos hai uns meses cando empezamos có procedemento.

O próximo luns 20 de xuño, antes da chegada dos nenos da excursión, faremos como é habitual a reunión de fin de curso da Anpa, nela trataremos entre outros temas este do comedor, poderedes cubrir as fichas de inscripción os interesados e aclararemos todas as dúbidas que teñades.

Adiantamos xa que o comedor terá unha zona de ocio para despóis do xantar. Aquelas familias que queiran aportar algún tipo de xogo que teñan en desuso pola casa podedes deixalo no cole. Estaremos ben agradecidos.

Mandaremos nota para a reunión. Intentade estar alí. Vémonos!!!





miércoles, 1 de junio de 2016

FIN DE CURSO ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Estamos a 1 de xuño e remataron as actividades extraescolares para este curso. Para celebralo fixemos unha pequena mostra do que aprendimos durante estos meses.
Primeiro os de baile:

E logo os de patinaxe:
Repartimos as pegatas de grafite:

Agradecer a todas as familias que se achegaron ata o cole para acompañarnos neste día.
Esperamos que pasarades un bo rato e que sigades colaborando con nós.
Ata o próximo curso!!!