miércoles, 30 de noviembre de 2016

MENÚ DECEMBRO COMEDOR OS CASAIS

Ola familias,
aquí tedes o menú correspondente ó mes de Decembro.
(O luns día 5 non hai clase no noso centro)

martes, 29 de noviembre de 2016

FOTOS OBRADOIRO CERÁMICA CARME ROMERO E PÉREZ PORTO

Ola familias,
como sabedes, o pasado venres tivemos no cole un obradoiro de cerámica impartido polos ceramistas Carme Romero e Francisco Pérez Porto.
Premede no seguinte enlace para ver a galería de imaxes: Fotos obradoiro cerámica

VISITA COLE IGNACIO IGLESIAS VILLANUEVA

Ola familias,
o pasado mércores estivo no cole o árbitro de primeira división Ignacio Iglesias Villanueva (o profe "Nacho") para contarnos moitas cousas sobre a súa profesión.
Premede no enlace para ver a galería de imaxes da visita: Fotos visita Ignacio Iglesias Villanueva

viernes, 25 de noviembre de 2016

DÍA DA BUXAINA

Ola familias,
como dí o refrán..."Polo San Martiño trompos ó camiño", por iso quixemos celebrar no noso cole o "Día da Buxaina". Montamos unha exposición destes xoguetes tradicionais que podedes ver no corredor da escola.

O próximo xoves día 1 teremos a visita do presidente da Asociación de Torneiros da Madeira Virutas, que nos fará unha demostración de cómo se fabrica unha buxaina e Miguel (o papá de Inés) ensinarános como se baila.
Vai molar moooito!!!

OBRADOIRO DE CERÁMICA 5º E 6º

Ola familias,
hoxe tivemos no cole un obradoiro de cerámica para os alumnos de 5º e 6º. Os ceramistas Carme Romero e Francisco Pérez Porto ensináronos de onde sae o barro e cómo se traballa, facendo as pezas ocas e con aire.
Fixemos un pito de cerámica cada un, que ó final...pitaron todos, aínda que algún fose de "milagro". Agora teñen que secar para ir ó forno. Mostrarémosvos o resultado final.

¡Mil grazas Fran e Carme, por transmitirnos o voso saber!








miércoles, 23 de noviembre de 2016

FOTOS FENE INDIANO

Ola familias,
na seguinte ligazón http://escolasdeemigrantes.fene.gal/actividades/ poderedes ver a reportaxe fotográfica que fixo o concello nos diferentes centros educativos de Fene o pasado venres 18 de Novembro.
Premede nunha das fotos desa páxina para ver a tira de imaxes.
Hai fotos estupendas, a ver si vos atopades!!!





lunes, 21 de noviembre de 2016

FOLGA XOVES 24 DE NOVEMBRO E SUDADEIRAS COLE


Ola familias,
o próximo xoves día 24 de novembro hai convocada unha folga en contra da LOMCE e das REVÁLIDAS. Acordamos sumarnos aos acordos adoptados pola Confederación de Anpas Galegas facendo así un chamamento a todas as familias con fillas e fillos, tanto en educación primaria como secundaria, para que o día 24 non acudan ás aulas e secunden esta folga.
Debido á folga, este anpa suspende as actividades extraescolares do xoves.
Pedimos ós usuarios diarios do comedor que avisen se van facer uso do mesmo ese día.

Por outro lado comentarvos, que por problemas có suministro da empresa onde foron encargadas as sudadeiras para o cole, nos informaron que só as poden conseguir todas en color azul marino. Se alguén a ten encargada e non a quere polo cambio de color, por favor avisádenos antes do venres mandando unha nota polo nen@. 

Disculpade as molestias e o retraso que levamos.




domingo, 20 de noviembre de 2016

BECAS COMEDOR EDUCO

Ola familias,
a ONG Educo coa que traballa o noso cole propúxonos unhas becas para a financiación do comedor, que van dende o 50% ata o 100% do coste do comedor según os casos.
Os interesados debedes poñervos en contacto coa dirección do cole o máis pronto posible, pois o prazo de presentación das solicitudes está a piques de rematar.


jueves, 17 de noviembre de 2016

ESCOLA INDIANA NOS CASAIS

Este venres 18 de novembro temos o pracer de celebrar no cole o centenario das escolas indianas de Fene. Unha estupenda actividade que está a desenrolar o concello e da que nós somos partícipes encantados.
Mostrámovos que chula nos quedou a nosa recreación de escola indiana. Agardamos que vos guste. 





miércoles, 16 de noviembre de 2016

VENRES 18 ESCOLA INDIANA E TEATRO NARÓN

Ola familias,
para resolver dúbidas. O venres 18 celebraremos no cole o centenario das escolas indianas de Fene. É unha actividade do concello, para o cal os nenos deberán ir caracterizados como da época, tanto de indianos, como de rapaces da aldea. Esta actividade está programa para as 10:30h.
A continuación os nenos de Infantil, 1º e 2º terán saída ó teatro a Narón, para ver a obra "Rosa caramelo e outras historias".
Irán todos "disfrazados" ó teatro, os nenos e as profes, non vos preocupedes de traerlles muda nin outra roupa.


lunes, 14 de noviembre de 2016

FOLGA XOVES 24 DE NOVEMBRO

Ola familias,

A Federación de Anpas da que somos socios comunícanos:

A Federación Comarcal de ANPAS de Centros Públicos de Ferrolterra acordou manifestar o seu total apoio ás mobilización contra a LOMCE e contra as REVÁLIDAS convocadas para o vindeiro xoves día 24 de novembro.
Consecuentemente acordamos sumarnos aos acordos adoptados pola Confederación ANPAS GALEGAS e facer púbico o comunicado que se xunta, no que se fai unha chamamento a todas as familias con fillas e fillos, tanto na educación primaria como na secundaria, para que o día 24 non asistan ás aulas e secunden a FOLGA convocada polas organizacións estudiantís.
Estamos absolutamente convencidos da oportunidade e a necesidade de organizar unha gran mobilización social que faga entender aos políticos, e concretamente á totalidade do Parlamento Español, que é IMPRESCINDIBLE SUPRIMIR AS REVÁLIDAS E DERROGAR A LOMCE de xeito inmediato. Por outra banda, promesa feita en campaña electoral por todos os partidos políticos excepto o PP, é dicir pola MAIORÍA ABSOLUTA DO PARLAMENTO ESPAÑOL, por iso debemos recordarlles que as promesas electorais fanse para cumplilas, non por pura demagoxia oportunista.
É o momento de parar os graves prexuizos que a peor lei educativa da historia do estado Español xa está a provocar nas nosas fillas e fillos (exclusión social, discriminación, ideoloxización, desmotivación, etc...). por todo iso vos pedimos a máxima difusión desta convocatoria e a máxima participación nas mobilizacións. recordade que o futuro das nosas fillas e fillos depende de nós e da nosa capacidade de facernos escoitar

ELIMINACIÓN DAS REVÁLIDAS!!! DERROGACIÓN DA LOMCE XA!!!!!

Para máis información preme aquí: Participación folga 24 Novembro


O MEU PRIMEIRO VIDEOXOGO 5º E 6º

Ola familias,
debido á cantidade de nenos que se apuntaron ó obradoiro “O meu primeiro videoxogo”, vémonos na necesidade de dividilos en dous grupos para beneficiar a aprendizaxe. Deste xeito poderán estar cada un nun ordenador sin necesidade de compartilo.
O próximo martes 22 de Novembro en horario de 17:00 a 20:00h será o grupo de 5º e 6º.

Desculpade as molestias.

miércoles, 9 de noviembre de 2016

RIFAS NADAL

Ola familias,
igual que en anos anteriores temos preparadas as rifas para sortear unha cesta de Nadal e poder así recaudar fondos para a Anpa. Fondos que serán destinados ás festas, excursións, actividades do cole….. 
Pedimos a colaboración de todas as familias para vendelas, xa que entre todos non dá moito traballo. 
Serán entregadas en tacos de 15 rifas por neno, e se algunha familia precisa máis, non ten máis que avisar e se lle mandarán através do neno. O valor das rifas é de un euro. 
As rifas que non se vendan deberán ser entregadas á Anpa uns días antes do sorteo. 
O sorteo das rifas será o vindeiro día 9 de Decembro coincidindo có número do cupón da once. 
Levan os nenos a nota para a casa na que cubrir o número de rifas que solicitades. Recordade devolvela ó centro antes do vindeiro martes 15 de novembro. 
Agradecemos e pedimos vosa colaboración. Graciñas!!!

domingo, 6 de noviembre de 2016

OBRADOIRO "O MEU PRIMEIRO VIDEOXOGO"

Ola familias,
neste primeiro trimestre propoñemos o seguinte obradoiro:

 “O MEU PRIMEIRO VIDEOXOGO”

Está dirixido a nen@s de primaria, e será o próximo martes 15 de novembro en horario de 17:00h a 20:00h.

En tres horas os nen@s iniciaránse no mundo da programación e crearán un videoxogo que ó remate da actividade levarán para a casa para seguir perfeccionando ou xogar con él.

O prezo da actividade é de 8€, todos os que esteades interesados, cubride a nota que levan os nenos para a casa e devolvédea ó longo desta semana.

viernes, 4 de noviembre de 2016

Comunicado en relación coa "folga de deberes" convocada por CEAPA

Ola familias,

dende a federación de anpas FEANPAS, queren aclararnos en relación coa "folga de deberes escolares" para os fins de semana do mes de novembro, realizada por CEAPA, a Confederación ANPAS GALEGAS, organización na que a FEANPAS está integrada, quere facer público o seguinte comunicado, que hoxe mesmo foi remitido a todos os medios de comunicación.


Dada a clara diferenza de posicionamento coa CEAPA (neste caso concreto e en canto ás formas, non ao fondo) consideramos moi importante que se lle dea a máxima difusión ao comunicado para que as familias poidan ter coñecemento da postura que defendemos en ANPAS GALEGAS e na FEANPAS.

Premede aquí para ler o comunicado: Comunicado "Folga de deberes"

miércoles, 2 de noviembre de 2016

CARNÉS SOCIOS ANPA RÍO DE VA

Ola familias,
debido a que este curso temos convenios con algúns establecementos nos que nos fan descontos por ser socios da Anpa, decidimos facer os carnés de socios da Anpa (carné por familia). Só tedes que presentalo no momento da compra para que vos apliquen o desconto establecido.
Levan os nenos o carné coa nota explicativa.
De momento temos convenio cos seguintes establecementos:
-          Décimas: desconto do 10% en compras.
-          Opticalia Callao: Control visual periódico e  gratuíto. Asesoramento técnico e estético. Garantía total de adaptación ou devolución dos cartos. Financiación gratuíta ata 18 meses. Promocións e descontos especiais en exclusiva: Gafa de sol: 30% de desconto. Lentes de contacto: 20% de desconto. Selección de gafas de marca con lentes monofocales con AR dende 57€. Selección de gafas de marca con lentes progresivas con AR dende 169€. Dúas gafas de marca con lentes monofocales para nenos con AR dende 99€. Lentes monofocales soltas: 30% de desconto.  Lentes progresivas soltas: 30% de desconto. Gafa completa (montura+cristales) monofocal ou progresivas: 30% de desconto. Audífonos: 20% de desconto. Axudas técnicas á audición: 20% de desconto.
Preme aquí para máis información: Condicións Premiun Class Opticalia Callao

-          A Vella Fábrica de Lápis: (tenda de "Arte e creatividade, sita na Rúa Lugo nº 61 en Ferrol) Desconto dun 5% en todos os produtos da tenda. Desconto dun 10% en lenzos, camisetas, papelería, lapis e carboncillos.
 Preme aquí para informarte do establecemento:  Facebook A Vella Fábrica de Lápis


Iremos informando si firmamos convenio con algún establecemento máis.
Se algún de vós sabe de algunha nova posibilidade de convenio, non dubidedes en informarnos para poñernos en contacto co establecemento en cuestión.
Grazas pola vosa colaboración!!!



ENQUISA SATISFACCIÓN INICIO CURSO ESCOLAR




Ola familias,

invítannos a participar na seguinte enquisa de satisfacción sobre o inicio do curso escolar.




Estimado/a Director/Directora:

La garantía del derecho a la educación es una de las funciones primordiales del Defensor del Pueblo. Para orientar las actuaciones y contemplar la información que se obtiene a través de las quejas que se reciben, se ha incluido en la página Web de esta institución un breve cuestionario sobre el inicio del curso escolar para tener conocimiento de la opinión de los padres y madres de los alumnos sobre las cuestiones que se plantean.


La cumplimentación es sencilla y completamente anónima, y los datos que se obtengan solo se utilizarán para el fin señalado de orientar las actuaciones e iniciativas de la institución en materia educativa.


Se ruega, que haga llegar esta carta a la Asociación de Madres y Padres de ese centro para dar la máxima difusión a esta iniciativa entre sus asociados y, en general, entre las madres y padres de los alumnos y alumnas del centro, animándoles a colaborar con sus respuestas al cuestionario, al que se puede acceder a través de la página Web de la institución www.defensordelpueblo.es o directamente mediante el siguiente enlace:


https://www.defensordelpueblo.es/encuesta-sobre-satisfaccion-de-inicio-del-curso-escolar


Si tienen alguna pregunta o sugerencia que deseen trasladarnos sobre este asunto, puede ponerse en contacto con nosotros en el correo electrónico:


inicio.cursoescolar@defensordelpueblo.es


Agradeciendo de antemano su colaboración, le saluda muy atentamente,




Soledad Becerril

Defensora del Pueblo











martes, 1 de noviembre de 2016