jueves, 21 de diciembre de 2017

FESTIVAL DE INVERNO

Ola familias,
 hoxe foi o derradeiro día deste primeiro trimestre. Recibimos ó inverno cun bo almorzo acompañados por Papá Noel, que chegou cargadiño de agasallos para todos. Agradecemos a Leite Celta que nos mandou o leite.
Desfrutamos arreo coas nosas familias no festival de inverno, no que non faltou ningún detalle, teatro, baile, música, canto, risas e demáis. Aproveitamos para sortear as dúas cestas de nadal que quedaban. Noraboa a Laura e Seína que foron as agraciadas. Grazas a Eroski por colaborar con nós con unha das cestas. E grazas a todos vós, sin a vosa colaboración non serían posibles estas celebracións tan guaisss.


Agora toca descansar e desfrutar do nadal.
Vémonos á volta.
Felices festas!!!





martes, 19 de diciembre de 2017

FESTA DE NADAL

Ola familias,
 recordade que o xoves 21 de decembro celebraremos o nadal.
Os nenos almorzarán no cole con Papá Noel, que os acompañará durante o almorzo e repartirá os agasallos.
Seguidemante, ás 10:30h comenzará o Festival de Inverno que teñen preparado. Aproveitaremos, ó remate, para sortear as dúas cestas que quedan entre os asistentes que merquen rifas.
Estades todos convidados.
Non faltedes!!!


miércoles, 13 de diciembre de 2017

OBRADOIRO DECORACIÓN DE NADAL

Ola familias,
 onte tivemos pola tarde o obradoiro de "Decoración de Nadal", este ano impartido pola Anpa.
Agardamos que fora do voso agrado e que os nenos o pasaran ben, que realmente é o importante.
Entretidos, a verdade é que estiveron, senón mirade as fotos 😃
Tiñamos algunha cousa máis preparada, pero non deu tempo a facela, así que quedará para a próxima.
Queremos agradecer a tod@s a vosa participación.

¡¡¡Grazassss mil!!!

lunes, 20 de noviembre de 2017

I XORNADA DOS ENCONTROS "A EDUCACIÓN A DEBATE" "OS DEBERES ESCOLARES"

Ola familias,
 dende o CFR de Ferrol convídannos ás familias a asistir  á 1ª xornada dos Encontros "A educación a debate". O tema a tratar nesta 1ª xornada é "Os deberes escolares".
Esta xornada terá lugar o luns 27 de novembro de 18:00 a 20:00h nas instalacións do CFR Ferrol.
Estarán presentes no acto:

  • Susana Rodríguez Martínez. Profesora titular de Psocoloxía Evolutiva e de Educación (UDC) e Isabel Piñeiro Aguín, da mesma área de traballo.
  • Amelia Conde Vázquez. Responsable de Dto de Orientación de Secundaria.
  • Esperanza González Pino. Responsable de Dto de Orientación de Primaria.
  • Representante da ANPA.

domingo, 19 de noviembre de 2017

XXX PREMIO DE POESÍA NACIONAL XOSÉ MARÍA PÉREZ PARALLÉ

Ola familias,
 onte os alumnos de 5º e 6º participaron no acto de presentación do gañador do XXX Premio de Poesía Nacional Xosé María Pérez Parallé que se celebrou no CMI Unidade de Fene.
Damos as grazas e a noraboa, porque o fixeron moi, pero que moi ben a Jennis, Jaime, Breixo e Miriam que se presentaron voluntariamente a participar representando ó noso cole. 
Leron  a parte do traballo "Fene, un concello ben interesante" feita a Xose María Pérez Parallé e cada un deles un poema do Segrel.
Grazas ó CMI Unidade de Fene por convidarnos a participar. Todo un pracer da nosa parte. Noraboa tamén ó gañador, Carlos Lixó, desexámoslle moita sorte na súa andadura literaria.







miércoles, 15 de noviembre de 2017

ESTRELA EDULINGÜE PARA O NOSO COLE

Ola familias,
 contarvos que hoxe, a nosa dire Lorena, está en Santiago a recoller a Estrela EDUlingüe que lle conceron ó noso cole.
Esta distinción Plurinfantil, en forma de estrela de diferentes cores para cada etapa, recibírona 83 centros galegos que ampliaron o plurilingüismo a educación infantil neste curso 2017/2018.
O CEIP Plurilingüe Os Casais é o primeiro cole do concello de Fene en recibir esta distinción. Aquí tedes o resultado dun traballo ben feito.

¡¡Fachendosos de pertencer ós Casais!!!





RIFAS CESTA NADAL

Ola familias,
 hoxe levan os nenos para a casa os tacos de rifas que solicitáchedes cada un. 
Se alguén precisa máis rifas aínda queda algún taco, poñédevos en contacto con nós.
Sortearemos unha cesta de nadal para recaudar fondos para festas, excursións, etc dos nosos pequenos. O agraciado será quen posúa a rifa que conteña o número do sorteo da Once do venres 8 de Decembro.
¡¡¡Grazas por colaborar con nós!!!


sábado, 11 de noviembre de 2017

ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR DE CREATIVIDADE

Ola familias,
 velaquí tedes un exemplo do que fixeron este pasado xoves os alumnos da actividade extraescolar de Creatividade, ¡figuras en 3D con palillos e plastilina!
Este tipo de xogos axudan a desenrolar nos nenos a intelixencia e a visión espacial.
O próximo xoves, dentro de esta actividade, teremos clase de cociña.
¡Animádevos a participar!


viernes, 27 de octubre de 2017

MAGOSTO CURSO 2017-2018

Ola familias,
 hoxe pasámolo de medo no cole, facendo a pócima cos conxuros na aula do medo que prepararon os profes.

Celebramos o magosto-samaín. Un magosto moooi de outono, tan de outono que o ximnasio convertíuse nun bosque cheíño de follas.

Un bosque cheo de maxia e ilusión, grazas a Álvaro Muras e Martín Camiña, que lograron sorprendernos có seu espectáculo de maxia e música "A ilusión dun músico".

Un bosque doce (grazas a Vane que nos fixo as pastas e os cupcakes), larpeiro pero saudable, no que a rapazada da actividade de Creatividade colaborou facendo esta cabaza tan chula para a merenda tan riquísssima que papamos.

Un bosque do que nos levamos unhas boas presas de castañas (grazas á Panadería El Cruce de Maniños, por asárnolas), porque no obradoiro tan molón que tivemos a primeira hora fixemos unha caixa para gardalas.

Grazas a todos por vir e acompañarnos neste día de festa tan guai!!!

jueves, 26 de octubre de 2017

VENRES 27 DE OUTUBRO, FESTA MAGOSTO

Ola familias,
 recordamos que mañá venres 27 de Outubro celebraremos o magosto no cole. A Anpa fará cos nenos a primeira hora un obradoiro de caixas para castañas e a partir das 11:30h teremos a actuación dos mago e músico Martín Camiña e  Álvaro Muras. Estades todos convidados a desfrutar do espectáculo "A illusión dun músico".
Despois teremos merenda e castañas para todos.

¡Non o perdades, a partir das 11:30h! ¡Vémonos!


miércoles, 25 de octubre de 2017

RECOLLIDA PREMIO REAL ACADEMIA GALEGA

Ola familias,
 como todos sabedes o noso cole foi escollido, xunto con outros catro máis, de un total de 80 centros galegos participantes no concurso "Contádenos o voso día das Letras Galegas".
O pasado martes viaxamos todos Á Coruña a recoller o premio e aproveitando, visitar a Biblioteca da Real Academia Galega nun día tan sinalado (Día das Bibliotecas) e a casa de Emilia Pardo Bazán.
Recollemos neste blog os enlaces ás diferentes publicacións e reportaxes televisivos para que poidades ver ós vosos pequenos.
¡¡¡Fachendosos, estamos de pertencer a un cole tan comprometido coa nosa cultura e a nosa língua!!!
¡Noraboa CEIP Plurilingüe Os Casais!

Premede nos diferentes enlaces:




(Iremos actualizando as diferentes publicacións)






viernes, 20 de octubre de 2017

2º PEDIDO ROUPA COLE

Ola familias,
 como algúns de vós preguntou si se podían facer máis pedidos de roupa, consultamos coa serigrafía e ímos facer de novo outro pedido.

Así que todos os que queirades, chándal, sudadeira, camiseta, chuvasqueiro ou polar, poñédevos en contacto con nós para facer o listado a pedir.

Damos de prazo a semana próxima (do 23 ó 17 de Outubro) para facer reconto.

¡Non quededes coas ganas, que quedaron moooi chulos!




martes, 3 de octubre de 2017

NÚMERO DE CONTA DA ANPA

Ola familias,
 como ía un erro de escritura no nº de conta que se enviou na ficha de socio, E6... no canto de ES...
enviámosvos o nº escrito correctamente:


ASOCIACIÓN NAIS E PAIS "RIO DE VA" DE CEIP OS CASAIS

ES28 2080 0219 2030 0006 6105

Para que o teñades a man, queda posto no blog, debaixo da nosa conta de correo electrónico.
Somentes tedes que entrar no blog para velo http://anpariodeva.blogspot.com.es/ (está situado na marxe superior dereita).


jueves, 28 de septiembre de 2017

COMEDOR EN MARCHA!!!

Ola familias,
 como xa falamos na reunión o próximo luns 2 de Outubro comenza a funcionar o comedor escolar.
Si sabedes os que ídes quedar durante a próxima semana podedes avisar xa para mandar a previsión ó cátering.
Os que avisedes os días soltos, recordade que debedes facelo ata as 9:00h do mesmo día, si é o día antes, mellor. Podedes facelo enviando un mail a ampariodeva@gmail.com, enviando un whatsapp ó móbil de María (a presi) 690313516, que é a encargada de avisar ó cátering, ou chamando ó cole 881930124.



RESOLUCIÓN ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2017-2018

Ola familias,
 informávosvos do resultado da proposta das actividades extraescolares para este curso.
Debido ó escaso número de nenos apuntados, as actividades de Inglés e Música non van poder desenrolarse.
Deste xeito, o resultado é o seguinte:

  • LUNS: BAILE, en horario de 16:00 a 17:00h.
  • MARTES: PATINAXE, en horario de 16:00 a 17:00h e 17:00-18:00h.
  • MÉRCORES: TEATRO, en horario de 16:00 a 17:00h e 17:00-18:00h.
  • XOVES: CREATIVIDADE, en horario de 16:00 a 17:00h.
En cambio, debido ó elevado número de nen@s apuntados a Patinaxe e Creatividade intentaremos dividir en dous grupos estas actividades para que a atención e o desenrolo sexa mellor para todos.

De tódolos xeitos, esta primeira semana, os de Patinaxe e Teatro iremos todos xuntos, en horario de 16:00h a 17:00h e faremos unha pequena reunión coas familias para cadrar horarios.

Grazas a todos por participar!!!



martes, 26 de septiembre de 2017

PROPOSTA ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2017-2018

Ola familias,
 como enviamos na nota que levaron os nenos nas axendas, a proposta para as actividades extraescolares para este curso 2017-2018 son as seguintes:

  • LUNS: BAILE (baile moderno, zumba, hip-hop, ritmos latinos...) en horario de 16:00 a 17:00h            
                       INGLÉS, en horario de 16:00 a 17:00h (este horario podería cambiarse en caso de que algún alumno acudise tamén a baile)
  • MARTES: PATINAXE, en horario de 16:00 a 17:00h. Este día faranse os obradoiros que íremos ofertando a partir das 17:00h.
  • MÉRCORES: TEATRO, en horario de 16:00 a 17:00h.
  • XOVES: CREATIVIDADE, en horario de 16:00 a 17:00h.
  • VENRES: MÚSICA, en horario de 16:00 a 17:00h.
Durante esta última semana de Setembro formaremos os grupos e informaremos das actividades que se levarán a cabo este curso.

O prezo das actividades é de 10€/mes para os socios da Anpa e 14€/mes para os non socios.
Os nenos que fagan uso do comedor escolar todos os días terán un pequeno desconto, sendo para estes o prezo das actividades de 9€/mes.
As persoas que queiran deixar a actividade, deberán avisar antes que remate o mes.

Recordade tamén, que este ano ábrese a inscripción das actividades extraescolares e os obradoiros a nen@s que non sexan alumnos do noso cole, despois de habelo consultado con Inspección Educativa e telo aprobado en consello escolar.

Contamos con vós, participade!!!


domingo, 17 de septiembre de 2017

1ª REUNIÓN DA ANPA CURSO 2017-2018


Ola familias,
 o martes 19 de Setembro celebraremos a reunión de comenzo de curso 2017-2018.
Será a continuación da do cole, que empezará ás 16:15h.
Mentres se fan as reunións, os nenos que o desexen, quedarán cós monitores das actividades extraescolares, en horario de 16:00 a 18:30h para que poidan probar as diferentes actividades que están programadas para este curso. Por suposto, esta actividade é totalmente gratuíta.
Animádevos a traer os nenos, pasarano moooi ben e nós poderemos ir ás reunións sen preocupacións.
Vémonos!!!

CHANDAL E SUDADEIRA CURSO 2017-2018

Ola familias,
 xa temos os chándals e a sudadeira para este curso 2017-2018.
Este ano como os anchos son os mesmos para neno que para nena a cor é a mesma para tod@s.
O martes 19, día da reunión, teremos no cole as tallas para quen queira probar as prendas.
O chándal é o básico de Sprinter color negro e vermello. As tallas van dende a 2 ata a 16 anos. Quen queira pode probalo tamén na tenda Sprinter (Parque Ferrol)
As sudadeiras son como as do ano pasado pero sen carapucha, color vermello.
Irán todos serigrafiados có logo do cole na parte traseira.
Os prezos son: o chándal 12€ e a sudadeira 13€. Para a sudadeira hai talla tamén de adulto, por si algún familiar, profes, etc quere mercala.
O martes teremos tamén unha lista con outras posibilidades por si alguén precisa outra cousa diferente (chuvasqueiro, camisetas...) 

martes, 12 de septiembre de 2017

COMENZAMOS UN NOVO CURSO 2017-2018

Ola familias,
 comenzamos un novo curso, con moitas ganas e ilusión como é habitual no noso cole.
Benvidos a tod@s!!!
O martes 19, pola tarde, teremos a primeira reunión do curso. Concretaremos horario, xa que será a continuación da do cole. Aproveitaremos para facer unha mostra das actividades extraescolares programadas para este curso, nas que poderán participar os nenos mentres as familias estamos na reunión. Teremos tallas dos chándals deste curso para probar.
Dende a Anpa, anivarvos a colaborar con nós. Como recordamos sempre, "a Anpa é de todos e para todos". Aquí estamos, para o que necesitedes. Podedes poñervos en contacto con nós, por teléfono, whatsapp, ou no mail ampariodeva@gmail.com. Tamén estaremos todos os martes de 4 a 5 na oficina da Anpa.

Vémonos!!!


jueves, 29 de junio de 2017

WIKI PROXECTO DA BIBLIO "O NOSO BOSQUE"

Ola familias,
 este curso que acabamos de rematar o proxecto da nosa biblio consistía en traballar as árbores autóctonas, das que temos boa conta no patio do cole. O proxecto chamouse "O noso bosque".
Se queredes ver toda a información que acadamos, as actividades que fixemos...premede no seguinte enlace: Proxecto "O noso bosque" 
Non deixedes de navegar, atoparedes cousas ben interesantes!!!

FOTOS EXPERIMENTOS 3º CICLO

Ola familias, 
 se queredes ver as fotos da galería do cole dos experimentos que fixeron os alumnos de 5º e 6º con Sabela Reyero Serantes premede no seguinte enlace: Fotos experimentos 3º ciclo

FOTOS FIN DE CURSO

Ola familias,
 se quedes ver máis fotos da festa de fin de curso na galería do cole, premede no seguinte enlace: Fotos fin de curso

FOTOS BOTADURA DE BARCOS CON PATIO DE BUTACAS

Ola familias, 
 como ben sabedes o pasado día 21 de xuño baixamos a pé ó peirao de Maniños para botar os barcos construídos pola Asociación Patio de Butacas, actividade que forma parte do seu programa "Migrasons".
Cada pequeno decorou o seu barco que ese día botaron á ría. Unha actividade moooi fermosa. ¡Grazas a Patio de Butacas por contar con nós!
Se queredes ver as fotos na galería do cole premede no seguinte enlace: Fotos botadura barcos con Patio de Butacas


jueves, 22 de junio de 2017

FESTA FIN DE CURSO

Ola familias,
 hoxe tocou día de festa para celebrar remate de curso.
Cando nos erguimos esta maña e vimos que chovía....case infartamos!. Pero o tempo portouse con nós e non choveu máis.
Como indicamos no programa, comenzamos có torneo de xadrez.
 

Hai que decir que a cousa...estivo reñida, pero ó final Vanesa obtivo o 1º posto, Breixo o 2º e Xoel o 3º, trofeos e camisetas ben merecidos. Noraboa! a eles e a todos os participantes, que tamén recibiron a súa medalla de participación.
Os pequechos poideron desfrutar arreo no hinchable seco e no circuito de cars


E xa  tiñamos fame!! Unha merenda guai del paraguai, grazas a todos os nosos colaboradores: Gadis, Patatas fritas A Casa Vella, Mesón do Cazador (Limodre), Leite Celta, Panadería J.Castro (Neda), Panadería El Cruce (Maniños), Concello de Fene, Bodegas Barral (Barallobre), Eroski, Cafetería Bombay (Fene), Meigas Fóra (Polígono Vilar do Colo), Copistería Rofer (Perlío) e Cátering Ferrolterra. Sin a súa axuda non podería ser igual a festa.

 



E despois.....a mollarse!!!


Grazas tamén a vós, as familias, por acompañarnos neste día e por colaborar dalgún xeito durante todo o curso. Como dicimos sempre: a Anpa é de todos e para todos.
Grazas a Vanesa e Quique e a Iria, que son os primeiros en apuntarse cando hai que botar unha má.
Esperamos que desfrutárades da festa tanto coma nós.

Ata o próximo ano!!! Bo verán e boas vacacións!!!










martes, 20 de junio de 2017

PROGRAMA FESTA FIN DE CURSO

Ola familias,
este xoves, día 22 de xuño teremos a festa para celebrar o remate de curso.
Podedes acompañarnos a partir das 9:30, cando queirades ou podades. Os horarios a seguir son:

9:00 h - 10:15 h Torneo de xadrez
9:30 Hinchable seco (para os pequechos que non participen no torneo)
10:15 h Entrega de trofeos do torneo
10:20 h (despois da entrega de trofeos) comenzará a funcionar o circuito de cars
11:30 h Merenda
12:00 h Hinchable acuático e festa da escuma
Agardamos que nos acompañedes nese día. Pasarémolo mooooi ben.

Recordade traer calcetíns para o hinchable seco e protector solar, roupa e calzado de baño e gafas para a escuma e hinchable acuático.




FOTOS EXCURSIÓN FIN DE CURSO

Ola familias,
 o pasado mércores 14 marchamos de excursión de fin de curso. Visitamos Pobo Aventura, en Oza. 
Pasamos un día estupendo no que fixemos sendeirismo pola reserva da biosfera das mariñas coruñesas e terras do Mandeo, xogos populares, xincanas, tiro con arco...un día cheo de actividades.
Tedes as fotos na galería do cole. Premede no seguinte enlace para velas: Fotos excursión fin de curso 2017. Pobo Aventura.

FOTOS EXHIBICIÓN ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Ola familias,
 o pasado día 9 a rapazada que participou nas actividades extraescolares fixeron unha pequena exhibición do aprendido durante o curso.
Actuaron tamén os alumnos de 5º e 6º coa obra que prepararon para actuar no Jofre no programa Teatro con G.
Tedes as fotos na galería do cole. Premede no seguinte enlace para velas: Fotos exhibición actividades extraescolares

Agradecemos a todos a vosa participación e a vosa asistencia ese día. Mil grazas!!!

Grazas tamén a Gazapo, a Espacio Vivo e a César por facer as actividades e os obradoiros este curso. Esperamos seguir contando con vós!!!


FOTOS DO OBRADOIRO DE CERÁMICA CARME ROMERO

Ola familias,
 ¿recordades o obradoiro de cerámica que veu a impartirnos Carme Romero e Francisco Pérez Porto?
Aprendérannos a facer chiflos e voltaron para traelos xa cocidos. Sopraron todos e non escachou ningún no forno!!!
Tedes as fotos na galería do cole. Premede no seguinte enlace para velas: Fotos obradoiro cerámica Carme Romero e Francisco Pérez Porto

Agasaron ó cole con este chiflo feito por Carme o día do obradoiro. Grazas Carme e Fran, esperamos vervos máis veces no noso cole.

lunes, 19 de junio de 2017

CAMPAMENTO "O TESOURO DE CAAMOUCO"

Ola familias,
 a quen lle poida interesar, campamento preto da casa, en Caamouco.

A Agrupación Instrutiva de Caamouco celebrará campamentos infantís durante este verán. A Sociedade apostou por un programa de actividades plural, no que a natureza, a tecnoloxía, o deporte e a creatividade son os protagonistas.

Baixo o título O tesouro de Caamouco, o campamento ofrecerá durante cinco semanas iniciativas moi atractivas. Entre as máis curiosas, salientan os experimentos científicos e actividades tecnolóxicas como robótica, programación de videoxogos, deseño e impresión 3D ou o uso de drons na propia horta da Tenencia. Segundo explican os monitores do proxecto, a filosofía do campamento baséase na "aprendizaxe significativa", isto é, aprender xogando, explorando e compartindo.

As inscricións poden realizarse en persoa (no local de Espacio Vivo -na rúa da Terra de Ferrol- e os días 18 e 25 de xuño de 11.00 a 12.00 horas no centro social da Tenencia) ou a través dos teléfonos 981 94 49 12 ou 608 06 52 76. O campamento comezará o 26 de xuño e finalizará o 31 de xullo.

✅ Horario de 10.00 a 14.00 horas de luns a venres.

✅ Servizo de madrugadores a partir das 08:30 horas da mañá (previo aviso e sen custo adicional) 

✅ Tarifas: cada semana 50 € / As cinco semanas: 200 €


✅ Grupos reducidos: 8-10 participantes

✅ Peques: de 3 a 6 anos

✅ Maiores: de 7 a 12/13 anos


martes, 13 de junio de 2017

OBRADOIRO DE AUTODEFENSA PERSOAL PARA MULLERES

Ola familias,
 achegan esto do concello a quen lle poida interesar.

OBRADOIRO DE AUTODEFENSA PERSOAL PARA MULLERES


A Concellaría de Benestar Social e Igualdade, a través do Servizo Muncipal de Atención á Muller, dentro da Campaña de Sensibilización contra a Violencia de Xénero "QUEN DIXO MEDO" da Deputación Provincial de A Coruña, organiza un OBRADOIRO DE AUTODEFENSA dirixido a mulleres de Fene a partir dos 16 anos.   

Nesta campaña, a Deputación levará a cabo medidas e actuacións de diversa índole nos Concellos da provincia para realizar un abordaxe integral da violencia de xénero. Entre os obxectivos desta campaña está o de dotar á poboación dos mecanismos, coñecementos e habilidades precisos para detectar as diversas manifestacións da violencia de xénero e actuar de xeito contundente ante ela.

Con esta actividade queremos xerar un espazo que permita ás mulleres de Fene identificar as agresións analizando a súa orixe, proprcionándolles habilidades e coñecementos para dar resposta ás agresións que por razón de xénero poden encontrar na súa vida cotiá de xeito contundente.

Resulta fundamental dotar ás mulleres dos mecanismos de defensa tanto físico como psicolóxicos fronte a  un posible agresor, de xeito que  a través das técnicas aprendidas podan saír ilesas dunha situación de agresión.

OBXECTIVOS:

         Analizar os porqués da violencia sexista, que é o maior dos problemas no acceso aos dereitos das mulleres como cidadás.
         Dotar as mulleres dos mecanismos precisos para responder e resolver as situacións de agresión.
         Reforzar a autoconfianza na muller con diversas técnicas que se porán en xogo nunha situación de perigo ou ameaza.
         Concienciar ás mulleres sobre os seus dereitos e capacidades fomentando a confianza e a seguridade mediante a eliminación dos estereotipos sobre a debilidade física feminina.

Este obradoiro presentará unha dinámica totalmente participativa na que se articularán dúas grandes áreas de traballo:

         Parte Teórica: Promoveránse técnicas de grupo, debates
         Parte Práctica: Traballaránse aspectos físicos e psicolóxicos para que as mulleres tomen conciencia dos seus dereitos, da súa forza e da súa valía a través do traballo físico.

A actividade será impartida por un/ha axente de igualdade e un especialista en defensa persoal.

DATA: 15 DE XUÑO DE 2017
HORARIO: DE 18:00 H. A 20:30 H.
LUGAR: CENTRO MUNCIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS - Av. do Mar, Bloque 1-Baixo – San Valentín.
Responsable Técnica da actividade: Eva Sayago Martínez – Psicóloga Municipal.

PRAZAS LIMITADAS (15) – ASIGNACIÓN POR RIGOROSA ORDE DE INSCRICIÓN

ACTIVIDADE DE BALDE, SUBVENCIONADA POLA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE
A CORUÑA

MÁIS INFORMACIÓN:  Centro Muncipal de Servizos Sociais – Tf: 981 342607 e 981 492706