martes, 31 de enero de 2017

jueves, 12 de enero de 2017

APLICACIÓN DE COMUNICACIÓN TOK APP SCHOOL

Ola familias,
dende o cole mandaron nota para a casa informándonos que ímos comenzar a utilizar a aplicación "Tok App School" como ferramenta de comunicación entre o cole e as familas.
Animádevos a utilizala, é moi sinxelo.
1º Descargade nos vosos teléfonos móbiles ou tablets dita aplicación. É gratituíta e está dispoñible no Google Play Store, Windows Phone Store e App Store.
2º Seleccionade o país de residencia (xa pon España por defecto) e Aceptade.
3º Escollede un nome de usuario e unha contraseña.
4º Xa marca por defecto "Acepto las condiciones de uso" e dádelle a "Validar Teléfono".
5º Escribide o voso número de teléfono e dádelle a "Siguiente".
6º Agardade un cachiño e chegaravos un sms con un código de seis cifras.
7º  Introducide dito código na pantalla da aplicación e dádelle a "Continuar".

Unha vez feito todo isto xa tedes a aplicación lista para comunicarvos. Chégavos unha mensaxe de benvida.

Podedes atopar información sobre a aplicación na web https://www.tokappschool.com/ no apartado "Ayuda" tedes vídeos explicativos de cómo se descarga paso a paso e como se utiliza a aplicación.

Animádevos, hai que poñerse ó día na tecnoloxía!!!



miércoles, 11 de enero de 2017

CAMPAÑA DE ESQUÍ DEPUTACIÓN DA CORUÑA 2017

Ola familias,
dende o concello achégannos esta información para informar a quen lle poida interesar.

O Concello de Fene contará con 8 prazas na “Campaña de esquí 2017” da Deputación da Coruña, que se realizará na estación invernal de Leitariegos, e está destinada a rapaces e rapazas nacidos/as nos anos 2002, 2003, 2004, 2005 e 2006. 
A quenda que lle corresponde ao Concello de Fene é a segunda: do 5 ao 10 de marzo de 2017. 
Os participantes disfrutarán de cinco días con aloxamento, manutención e cursiños de esquí na estación de Leitariegos. 
A Deputación responsabilizarase do transporte de todos os participantes dende os puntos de recollida en cabeceiras de comarca, estancia, manutención, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos na estación e actividades complementarias. 
Cada participante terá que pagar unha cota de inscrición de 95 € (noventa e cinco euros). 
Todos os rapaces e rapazas interesados en participar, deberán facer unha preinscrición nas dependencias municipais do departamento de Deportes, en Avda. Naturais, nº 44, entrechán (Fene). 
Como novidade, este ano terán preferencia os rapaces/zas que non foran a ningunha campaña da neve da Deputación. 
No caso de ter máis solicitudes que prazas asignadas (8) realizarase un sorteo público no salón de Plenos do Concello ante a secretaria do Concello para adxudicalas. 
A data límite para efectuar a preinscripción no Departamento de Deportes é o 23 de xaneiro de 2016.



lunes, 9 de enero de 2017

CAMBIO DE PREZO MENÚ COMEDOR ESCOLAR

Ola familias,
debido a que xa ingresou o Concello de Fene a subvención nominativa de axuda para o funcionamento e posta en marcha do comedor escolar, facemos un reaxuste no prezo do menú.
A partir do mes de Xaneiro (incluído) o prezo do menú pasará a ser 4,80€/día.

domingo, 8 de enero de 2017