martes, 28 de febrero de 2017

viernes, 24 de febrero de 2017

O ENTROIDO NO COLE

Ola familias,
 hoxe estivemos de festa, de festa do entroido, na que fixemos unha boa entroidada.
O tema de este ano era o Arte, e non podíamos deixar pasar a oportunidade de mostrar no "Museo das Artes Os Casais" a cantidade e calidade que artistas que aquí temos: pintores, compositores, directores de cine, bailarinas, etc...ademáis das máis preciadas obras de arte.
Velaquí unha pequena mostra:







Temos que dar grazas ós profes, por ser tan guais e festeiros.

Tivemos a actuación dun artista dende os pés á cabeza,Cé (César) Orquestra Pantasma, que nos fixo bailar e cantar coma nunca, pasámolo xenial con él.

A continuación desfile e actuación da canción do entroido "Os artistas" e queimamos á Meca Faneca, que algún que outro a quería indultar.





Cando rematamos, tiñamos tanta fame que marchamos correndo a merendar. Unha merenda do máis entroida, grazas a todas as familias que cociñaron doces típicos ricos, ricos, ricos.

Pásamolo guai del paraguai. Agora toca descansar ata o xoves 2 que voltamos ás clases.

Agradecervos a todos que nos acompañárades nesta mañá, dá gusto ver o cole cheo de xente!. Grazas a todos os que botáchedes unha man dun xeito ou outro, a Pili coa súa cámara en má, a Fátima que nos levou á cociña económica as merendas que sobraron, a Maru, por axudarnos a vestir a Meca, a Jorge o noso carpinteiro particular, debémosche un flan ou dous!

Feliz entroido, artistas!!!!

jueves, 23 de febrero de 2017

FESTA DE ENTROIDO

Ola familias, 
recordade que o venres 24 celebramos o entroido no cole e temos redución horaria, entramos ás 10:00h e saímos á 13:00h.
Ás 10:00h os nenos irán ás clases e ás 10:30 dará comenzo a actuación de Cé o home orquestra.
Estades todos convidados a desfrutar da actuación, que terá lugar no "Museo das Artes Os Casais"
Ás 11:30h farase o desfile e no seu remate queimarase a Meca Faneca.
Logo merendaremos todos xuntos doces típicos do entroido.

Non faltedes!!

Anímadevos a vir disfrazados vós tamén. O tema é a Arte, hai mil posibilidades: cine, teatro, música, danza, pintura, escultura....

miércoles, 22 de febrero de 2017

MANDADO DA MECA FANECA PARA XOVES

Ola familias,
 A Meca Faneca dí que o xoves...

"Non te rompas máis a testa, ponte algo na cabeza!"



martes, 21 de febrero de 2017

MANDADO DA MECA FANECA PARA MÉRCORES

Ola familias,
 A Meca Faneca dí que o mércores...

"Ponte algo divertido nos pés e xa verás que pinta tés!!!"


lunes, 20 de febrero de 2017

MANDADO DA MECA FANECA PARA MARTES

Ola familias,
 A meca Faneca dí que o martes...

"Se a túa cara decoras, xa verás tí como molas!!!"


viernes, 17 de febrero de 2017

MANDADO DA MECA FANECA PARA LUNS

Ola familias,
 como este ano o entroido vai de Arte presentámosvos á meca Faneca, unha menina galega ¡en toda regra!
Cada día mandará unha cousa para engadir ó dos días anteriores. Ímos vir de un guapo...

A meca Faneca dí que o luns...


"Algo na cintura traerás e un artista serás"

miércoles, 15 de febrero de 2017

MOBILIZACIÓNS ENSINO XOVES 16 DE FEBREIRO E 9 DE MARZO

Ola familias,
 achegámosvos información sobre as mobilizacións do ensino previstas para os próximos días, así no la fai chegar a Federación de Anpas:

XOVES
16 DE FEBREIRO 2017
  Folga no ENSINO SECUNDARIO e UNIVERSITARIO.
  Contra a LOMCE, os recortes na educación e os pactos educativos fraudulentos.
  Convoca: Sindicato Estudiantil ERGUER e Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público.
  MANIFESTACIÓN ás 12.00 h., Praza Amada García (Diante do Edificio administrativo da Xunta)
  CONCENTRACIÓN ás 19.00 h., Praza Amada García (Diante do Edificio administrativo da Xunta)
XOVES
9 DE MARZO 2017
  Folga xeral (familias, alumnado e profesorado, personal dos centros educativos) no ensino (TODOS OS NIVEIS).
  Contra a LOMCE, o Decreto 3+2 e os recortes en educación.
  Convoca: Plataforma Estatal en Defensa do Ensino Público.
  MANIFESTACIÓN ás 12.00 h., Praza Amada García (Diante do Edificio administrativo da Xunta)


FEANPAS apoia todas as mobilizacións e convídavos a secundalas e a participar nos actos previstos para berrar en prol dun ensino público de calidade.

sábado, 11 de febrero de 2017

OS VÍDEOS DO NOSO COLE

Ola a tod@s,
falta moi pouquiño para que comence o prazo de matrículas do vindeiro curso.
Este ano fixemos un vídeo de presentación do noso cole. É moi complicado resumir e poder mostrar todo o que temos e facemos, pero intentámolo deste xeito. Sabemos que botaredes cousas en falta, pero aí vai unha pequena mostra. Esperamos que vos guste e que lles guste ó resto de familias.
Animádevos a visitar Os Casais, un cole ben chulo con xentiña do mellor!!! 

Pinchade nos seguintes enlaces para ver o vídeo que máis vos interese.