Ola familias,
para este segundo trimestre propoñemos un obradoiro de "Xoguetes Sonoros". César, o músico que actuou para nós na festa do entroido, aprenderanos a facer artesanalmente pequenos instrumentos musicais a partir de recursos naturais (canas, noces, avelás, ...) e tamén de refugallo (chapas...).
Algúns dos instrumentos a construír son:
MIRLITÓN
REQUE REQUE
SISTRO
O obradoiro está dirixido a todos os nenos, infantil e primaria, e será o próximo martes 4 de abril, en horario de 17:00 a 19:00h (2h). O prezo 8€.
Os interesados, cubride a folla que levan os nenos para a casa ou avisade á Anpa.
¡¡Animádevos!! Podemos convertirnos en verdadeiros artistas!!!