viernes, 28 de abril de 2017

MAOIS E FERROL EN FRORES

Ola familias,
 este ano có gallo dos Maios cambiamos o lugar en onde confeccionar as alfombras e o maio. O motivo é porque participaremos no "Ferrol en Frores", así que o maio que se fai no cole o levaremos o día seguinte a Ferrol.
A data para celebralo no cole será o xoves día 4 de Maio. Coma sempre, os que poidades, achegade ó cole, ou mandade polos nenos frores, verde, pousos de café, etc, como se fai habitualmente.
A asociación Aetna colaborará como todos os anos, organizando a actividade e facendo a merenda ó remate.
As familias estades todas convidadas a acompañarnos a partir das 10:00.
Ó día seguinte os nenos irán a Ferrol a celebrar o Ferrol en Frores. Os alumnos de 1º subirán ó escenario a cantar unha canción conmemorativa dos Maios que teñen preparada.
Despois desfrutarán das actuacións de Teatro Gazafelhos e do grupo de música Uxía Lambona e a banda molona.
Este día deberán traer un gorro decorado con frores para levar a Ferrol.
Animádevos a vir!!!



jueves, 20 de abril de 2017

OFERTA ALARMA PROSEGUR

Ola familias,
 a empresa de alarmas Prosegur está a facer unha oferta para as familias. Os interesados na oferta tedes que poñervos en contacto con:
Miguel Ángel Veiga Fernández
Asesor de Seguridad Prosegur Alarmas
Tlf: 618402136
Mail: miguel-angel.veiga@prosegur.com

Premede aquí para ver toda a información: Info oferta alarma Prosegur


lunes, 17 de abril de 2017

"LIBROS PARA SERMOS LIBRES"

Ola familias, 
 dende o concello convídannos ó seguinte:
O Alcalde de Fene e o Concelleiro de Cultura



Saúdan



E comprácense en convidalo/a a participar na campaña “Libros para sermos libres” promovida pola Deputación da Coruña, coa colaboración do noso Concello, para conmemorar o “Día do Libro”.

O eixe central da campaña consiste en agasallar, de forma simultánea, á veciñanza de 30 concellos da provincia cun fondo de 150 libros por concello que achega á Deputación, fondo que o noso Concello completará con agasallo doutros 150 libros procedentes dos nosos depósitos bibliográficos.

O agasallo dos libros terá lugar o vindeiro sábado, 22 de abril, de 12:00 a 13:00 h en dous puntos: a Praza Verde de Perlío (se chove, no local da A.VV de Perlío) e na Biblioteca Municipal “Xosé María Pérez Parallé”.


Juventino J. Trigo Rey e Justo Martínez Ardá

miércoles, 5 de abril de 2017

RECORDO DO OBRADOIRO XOGUETES SONOROS

Ola familias,
 onte fixemos no cole o obradoiro de "Xoguetes sonoros" que impartíu o artista César Freiría. Aprendeunos a facer un mirlitón e despois cada un inventou o seu instrumento particular.
Pasámolo xenial, aquí tedes unha pequena mostra e un vídeo de recordo desta tarde tan entretida e productiva.
Grazas a todos por participar!!!
Para ver o vídeo preme aquí:  Vídeo Obradoiro Xoguetes Sonoros