martes, 30 de mayo de 2017

CAMPAMENTOS DEPORTIVOS DE VERÁN 2017 DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Ola familias,

O Concello de Fene contará con 5 prazas no “Programa Campamentos Deportivos de Verán 2017” da Deputación da Coruña, que este ano se realizará nas instalacións do Centro Residencial Docente da Coruña, no concello de Culleredo (rúa Salvador Allende, 13). 

Este campamento está destinado a rapaces e rapazas de, entre 9 e 14 anos, cumpridos no presente 2017 e ten unha orientación deportiva, mediante a realización de actividades náuticas, equitación, tenis, sendeirismo, fútbol, voleipraia, tenis, voleibol, baloncesto, aeróbic, baile, etc 

A quenda que lle corresponde a Fene é a primeira: do 19 ao 25 de agosto de 2017 (incorporación o sábado, día 19, de 18:00 a 19:00 horas e saída tralo almorzo e xornada de clausura do venres, día 25). 

A Deputación asumirá a maior parte dos gastos, estancia, manutención, transporte interno para realizar as actividades programadas, así como todo o gasto que ocasionen as actividades programadas. 

O transporte tanto de ida como de volta dende Fene ata o Centro Residencial Docente da Coruña, non está incluído, polo que irá por conta dos/as participantes. 

Cada participante terá que pagar unha cota de inscrición de 85 €. (oitenta e cinco euros), que se ingresarán unha vez que o /a interesado/a obteña a praza. 

Todos os rapaces e rapazas interesados en participar, deberán facer unha preinscrición nas dependencias municipais do departamento de Deportes, en Avda. Naturais, nº 44, entrechán (Fene). Xunto coa preinscrición deberán achegar un volante de empadronamento no Concello de Fene con data anterior ao 30 de maio. 
No caso de ter máis solicitudes que prazas asignadas (5) realizarase un sorteo público no salón de Plenos do Concello ante a secretaria do Concello para adxudicalas. 

A data límite para efectuar a preinscripción no Departamento de Deportes é o 17 de xuño de 2017.

Para calquera aclaración relacionada con esta Campaña podedes poñervos en contacto coa coordinadora de actividades deportivas municipal, Mercedes Justo Pena, no  Departamento de Deportes do Concello de Fene. Telf. 607 615 962 / 981 34 03 66, aínda que as cuestións organizativas  da Campaña dependen directamente do Gabinete de Deportes da Deputación, polo que poderemos  dar a información que nos vaia facilitando a Deputación. 


domingo, 28 de mayo de 2017

DESCONTO SOCIOS CARMEN MODA INFANTIL Y JUVENIL

Ola familias,
 informamos que o establecemento Carmen Moda Infantil y Juvenil, sito en Perlío, Fene é colaborador da nosa Anpa. Presentando o carné de socio da Anpa teredes desconto do 10% nas vosas compras.




sábado, 20 de mayo de 2017

REVÁLIDAS DE 3º e 6º (muestrais)

Ola familias,
 achégannos dende a Federación de Anpas a seguinte información sobre as reválidas de 3º curso de primaria e as muestrais de 6º de primaria.

"A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público elaborou este escrito para que as familias podan manifestar o seu rexeitamento individual ás probas de avaliación nas que han participar as súas fillas e fillos.
Recordade que TODO o alumnado de TERCEIRO de primaria está chamado a facer esta proba e que a CONFEDERACIÓN ANPAS GALEGAS e a FEANPAS convocamos ás familias para que os día de reválidas de 3º (30 e 31 de maio) non leven ás suas fillas e fillos á escola como mostra do total rexeitamento a esas probas. Pero ademais desta proba en 3º de primaria que se fai de xeito censual (ou sexa a todo o alumnado), están programadas probas "muestrais" en 6º de primaria e 4º da ESO, probas que se realizarán en CEIP´S e IES dos que non temos información e, polo tanto, non temos posibilidade de falar directamente coas familias afectadas, pero ás que tamén lles recomendamos que non leven ás fillas e fillos ás clases, como mostra do rexeitamento ás probas.
Así mesmo convidamos a todas as familias afectadas, de 3º EP, 6º EP ou 4º da ESO a que asinen de xeito individual este documento e o entreguen á dirección do centro corespondente, como mostra de rexeitamento a estas probas e á LOMCE e ademáis para que non consten os datos das súas fillas ou fillos nas bases de datos destas probas"


Nos próximos días haberá charlas informativas sobre estas probas nos seguintes lugares:

-- FERROL: luns día 22 de maio ás 18:30 horas no Centro Cultural Carvalho Calero (Praza do Inferniño, xunto ao Centro Comercial Porta Nova).

-- VALDOVIÑO: mercores día 24 de maio ás 17:30 horas no CPI Atios de Valdoviño, Avenida de San Sadurniño nº 9 de Valdoviño.

-- NARÓN: xoves día 25 (pendentes de confirmar lugar e hora)

Podedes imprimir o papel para firmar o rexeitamento no seguinte enlace: Firmar rexeitamento reválidas

A Anpa facilitará tamén o papel impreso a través dos nenos.







DESCONTO SOCIOS PARQUE INFANTIL BURBUJAS

Ola familias,
 informamos que o Parque Infantil Burbujas de Narón é colaborador coa nosa Anpa, facendo un 10% de desconto nas vosas festas de cumpleanos con só presentar o voso carné de socio da Anpa.
http://www.parqueinfantilburbujas.com/
¡Animádevos! Atención do mellor.




jueves, 11 de mayo de 2017

PLANO DISTRIBUCIÓN INVASION DAY 13 DE MAIO FERROL

Ola familias,

 como publicábamos días atrás, este sábado no Centro Comercial Aberto da Magdalena en Ferrol celebraráse unha feira na rúa, na que poderemos desfrutar da última tecnoloxía (Robótica, Impresión 3D, Minecraft, Programación, Espazo Makers, Carreiras de drons...) de mans dos nosos compañeiros de Espacio Vivo. 
Recordamos horario: de 11:00h a 14:00h e de 17:00h a 20:00h
Aquí tedes o plano de situación das diferentes mostras:




sábado, 6 de mayo de 2017

NOTA ACLARATORIA: O COLE NON PECHA

Estimadas familias e simpatizantes:
 Que os Casais pecha é un rumor que nos sigue fai anos. Cinco, dez..., incluso máis, quén sabe.
Este rumor é algo que nos perxudica moito moitísimo, que nos fai moito dano e debemos evitalo.
Dende a Anpa queremos aclarar e confirmar que isto non é certo. O cole non vai pechar nin se vai a fusionar con outro centro, como nos preguntaron recientemente. Estos rumores se están magnificando, chegando incluso a Ferrol en xente interesada no noso centro. Non atopamos resposta de onde poden saír e que fin teñen. Debemos que coidar o que temos e non destruílo.
Debido a isto informarvos que tivemos unha reunión coa Inspectora de Educación, na que nos poido confirmar que nin sequera se baralla esa posibilidade. Que quede ben claro que o cole non pecha, nin se fusiona, nin nada similar.
O curso que ven estaremos traballando arreo nos Casais, porque estas cousas fánnos aínda máis fortes. Somos un cole exemplar, con unhas instalacións estupendas, un profesorado implicado, con vocación pola súa profesión, sempre avogando polas últimas tecnoloxías, pola calidade da educación e por unha comunidade educativa sana.

Familias, a resposta xa a temos, se alguén vos pregunta:
¡¡¡O CEIP Plurilingüe Os Casais non pecha!!!


viernes, 5 de mayo de 2017

INVASION DAY 13 DE MAIO FERROL

Ola familias,
 pásannos a seguinte información, a quen lle poida interesar.
O sábado 13 de Maio, no Centro Comercial Aberto da Magdalena celebrarase unha feira nas rúas peatonais (rúa Real, Dolores, María...) na que se poderá desfrutar da última tecnoloxía (Robótica, Impresión 3D, Minecraft, Programación, Espazo Makers, Carreiras de drons...) de mans dos nosos compañeiros de Espacio Vivo.
Esto será a partir das 11:00h ata as 14:00h e continuará pola tarde a partir das 17:00h.
Achegádevos!!

jueves, 4 de mayo de 2017