lunes, 20 de noviembre de 2017

I XORNADA DOS ENCONTROS "A EDUCACIÓN A DEBATE" "OS DEBERES ESCOLARES"

Ola familias,
 dende o CFR de Ferrol convídannos ás familias a asistir  á 1ª xornada dos Encontros "A educación a debate". O tema a tratar nesta 1ª xornada é "Os deberes escolares".
Esta xornada terá lugar o luns 27 de novembro de 18:00 a 20:00h nas instalacións do CFR Ferrol.
Estarán presentes no acto:

  • Susana Rodríguez Martínez. Profesora titular de Psocoloxía Evolutiva e de Educación (UDC) e Isabel Piñeiro Aguín, da mesma área de traballo.
  • Amelia Conde Vázquez. Responsable de Dto de Orientación de Secundaria.
  • Esperanza González Pino. Responsable de Dto de Orientación de Primaria.
  • Representante da ANPA.

domingo, 19 de noviembre de 2017

XXX PREMIO DE POESÍA NACIONAL XOSÉ MARÍA PÉREZ PARALLÉ

Ola familias,
 onte os alumnos de 5º e 6º participaron no acto de presentación do gañador do XXX Premio de Poesía Nacional Xosé María Pérez Parallé que se celebrou no CMI Unidade de Fene.
Damos as grazas e a noraboa, porque o fixeron moi, pero que moi ben a Jennis, Jaime, Breixo e Miriam que se presentaron voluntariamente a participar representando ó noso cole. 
Leron  a parte do traballo "Fene, un concello ben interesante" feita a Xose María Pérez Parallé e cada un deles un poema do Segrel.
Grazas ó CMI Unidade de Fene por convidarnos a participar. Todo un pracer da nosa parte. Noraboa tamén ó gañador, Carlos Lixó, desexámoslle moita sorte na súa andadura literaria.







miércoles, 15 de noviembre de 2017

ESTRELA EDULINGÜE PARA O NOSO COLE

Ola familias,
 contarvos que hoxe, a nosa dire Lorena, está en Santiago a recoller a Estrela EDUlingüe que lle conceron ó noso cole.
Esta distinción Plurinfantil, en forma de estrela de diferentes cores para cada etapa, recibírona 83 centros galegos que ampliaron o plurilingüismo a educación infantil neste curso 2017/2018.
O CEIP Plurilingüe Os Casais é o primeiro cole do concello de Fene en recibir esta distinción. Aquí tedes o resultado dun traballo ben feito.

¡¡Fachendosos de pertencer ós Casais!!!





RIFAS CESTA NADAL

Ola familias,
 hoxe levan os nenos para a casa os tacos de rifas que solicitáchedes cada un. 
Se alguén precisa máis rifas aínda queda algún taco, poñédevos en contacto con nós.
Sortearemos unha cesta de nadal para recaudar fondos para festas, excursións, etc dos nosos pequenos. O agraciado será quen posúa a rifa que conteña o número do sorteo da Once do venres 8 de Decembro.
¡¡¡Grazas por colaborar con nós!!!


sábado, 11 de noviembre de 2017

ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR DE CREATIVIDADE

Ola familias,
 velaquí tedes un exemplo do que fixeron este pasado xoves os alumnos da actividade extraescolar de Creatividade, ¡figuras en 3D con palillos e plastilina!
Este tipo de xogos axudan a desenrolar nos nenos a intelixencia e a visión espacial.
O próximo xoves, dentro de esta actividade, teremos clase de cociña.
¡Animádevos a participar!